Luns. 27.09.2021
El tiempo

O dúo Caamaño&Ameixeiras presenta o seu novo videoclip rodado en Laxe

DUo Caamano Ameixeiras en Laxe
O dúo Caamaño&Ameixeiras presenta o seu novo videoclip rodado en Laxe

Xa temos con nós o novo videoclip da parella de artistas máis emerxente e prometedora da Costa da Morte. Sabela Caamaño e Antía Ameixeras gravan estes días en Laxe o tema “Maneo de Cambre”, que conta coa colaboración da virtuosa cantante catalana Silvia Pérez Cruz, e será dirixido pola recentemente premiada co Mestre Mateo, Lucía Estévez.

O vídeo ten un elenco de luxo, protagonizado por Raquel Espada (Cuéntame) e Fran Martínez (bailarín en Pálido Domingo).

A peza deste videoclip formará parte do primeiro traballo discográfico do dúo Caamaño&Ameixeiras “Aire!” producido polo recoñecido músico Diego Galaz. Trátase dun tema Xuntas tradicional da Costa da Morte (Cambre, Malpica), que cruzou o Atlántico seguindo o curso da emigración ata Carabobo (Venezuela), onde foi recollido por Xurxo Fernandes.

Este disco verá a luz o 17 de maio, e presentarase no Festiletras (O Couto, Ponteceso) o mesmo día, e xa podedes reservar un exemplar na súa web.

Caamano-Ameixeras no Festiletras

comentarios