venres. 17.01.2025
El tiempo

Falece un electricticista en Laxe cambiando a bombilla dunha farola

Rua Sol de Laxe
O suceso aconteceu na Rúa Sol
Falece un electricticista en Laxe cambiando a bombilla dunha farola

Un traballador perdeu a vida logo de sufrir unha descarga eléctrica en Laxe. O accidente aconteceu vinte minutos antes das 12:00 horas, cando o electricista sufrira unha descarga eléctrica provinte dun farol, na rúa do Sol.

Os servizos de emerxencias acudiron ata a zona para efectuar o rescate da persoa, pois atopábase na cesta dunha grúa telescópica, a uns sete metros de altura.

Foi preciso o uso dun guindastre para baixar á vítima, pero nada se puido facer por evitar o seu falecemento.

Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Laxe.

Comentarios