A historia, en primeira persoa, do rescate dunha persoa no incendio dun piso de Laxe
Atopábase dando un paseo coa familia preto da Avenida Isidro Parga Pondal, cando escoitaron unha tremenda explosión e viron como saía voando a galería dun piso do 2º andar. A pesar do susto, este veciño, voluntario de Protección Civil e do 112 dende fai 16 anos e de Cruz Roja dende o 89, cruzou a estrada e parou ao primeito coche que pasou para pedirlle que fose coller os extintores do Restaurante Zurich, que se atopa a 100mtrs do lugar da explosión.
Nese momento, o dono da vivenda berraba dente a ventana da habitación “Socorroooo, ai mi madre”. Así que sen pensalo, deulle un golpe á porta do portal e subiu as escadas mentres avisaba ao 112. Eran as 20:15, entrou na vivenda (estaba a porta aberta pola explosión, e sacou ao home, que estaba totalmente espido porque estaba na ducha (“foi o que o salvou”) no momento da explosión.
Cóntanos o veciño que “estaba desorientado sangrando polos pés e coa man dereita queimada. Sacouno ás escaleiras coa axuda de dous veciños que foron os que subiron os extintores. Xa co home abaixo, a salvo e cunha tapado cunha manta que baixara outro veciño, tocaba enfrontarse ao lume. A cociña e a habitación contigua estaban ardendo. Colleu os extintores e foi meténdome ata a cociña apagando o lume que volvía a prender. Un dos veciños tamén axudou cambiando os extintores que se ían valeirando. Cortou a auga e a corrente e tras comprobar que non había ninguén máis no piso, colleu as chaves do outro piso do dono e baixo, chamando de novo ao 112.
Eran as 20:28h cando chegou a Garda Civil, e pouco despois ois compañeiros de Protección Civil, GES e Bombeiros de Carballo.
Cando chegaron ambulancia e médicos do PAC de Ponteceso atenderon primeiro arriba o propietario e logo na ambulancia. Ao heroe mirárono arriba e estaba perfecto ademais de ter o corazón a mil.
A familia da vítima doulle as gracias mil veces, e o máis importante é que el esta ben, na súa casa de Castrelo de Laxe, co susto enriba do corpo. Como o da muller e a filla do veciño salvador, que non poden quitar da cabeza os berros de auxilio do home, e o medo que pasaron vendo ao seu marido e pai meterse na boca do lume. “Son décimas de segunto e un instinto que levo dentro en axudar dende neno a todo o que poida”, explícanos a súa decisión.
As posibles causas
Tratouse dunha explosión de gas. O propietario explicou ás forzas de seguridade que simplemente abriu o gas e foise duchar, e que despois escoitou a explosión. Sinalou que durante eses días foille instalada unha placa de indución, polo que segundo fontes cercanas, puido ser que durante a intalación da placa anularon o tubo do gas da cociña, quedando sen tapar e ao abrir o gas, puido prender coa chispa do calentador.