Laxe entregará o premio de Poesía Antón Zapata no incomparable marco do Solpor Poético

08:13 23/08/18


Unha das citas máis singulares do mundo cultural ten lugar esta fin de semana. A fermosa e feiticeira Praia dos Cristais acolle o Solpor Poético de Laxe, que xa alcanza a 12ª edición, nunha cita que serve ademais acto-homenaxe ó poeta local Antón Zapata García, coa entrega de premio do Certame de poesía que leva o seu nome.
De feito, o xurado xa ten elexidas ás persoas gañadoras do Certame deste ano. E como adianto podemos dicir que son procedentes de Carballo e Vimianzo. O nome revelarase durante a celebración do acto, dando entrega do correspondente diploma e agasallo.
O acto será este sábado 25 de agosto, e comezará finalmente ás 20:30h e estará ademais amenizado polo grupo Gelria, cos seus "Cantos de poeta".