Laxe estrea a súa web turística coincidindo co Naufraxio

04:49 16/08/18

Este venres 17 de agosto celébrase unha das 10 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte. O Naufraxio de Laxe, unha singular representación que simboliza o espírito mariñeiro da vila de Laxe e un dos atractivos turisticos máis importantes da vila.
A súa historia e de outras moitas cousas xa están inseridas na nova web turística municipal www.turismolaxe.gal. Unha demostración do empeño da Concellería de Turismo, Hostalería e Comercio que dirixe Xosé Manuel Pose Lema (BNG), e que se ratifica con feitos como o o libro de José Vidal e a recuperación do seu Arquivo, así como a vitalidade do Museo do Mar.
Ademais, a nova web ten todas marabillas naturais como Os Penedos, e información útil para o visitante.