Laxe fanfurriña de Naufraxio polo Día Mundial do Turismo


Semella que a posta polo sector turístico do Concello de Laxe é clara e patente. Este ano ata vai celebrar o Día Mundial do Turismo, este vindeiro 27 de setembro. E vaino celerar dando a coñecer un vídeo inédito sobre o Naufraxio de Laxe, gravado o pasado 17 de agosto. Un vídeo que conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, Abanca e o propio Concello.
Será máis que interesante ver ese vídeo, pois ademais de imaxes de alto impacto visual, tamén haberá entrevista co fundador do Naufraxio aló polo 1962, Avelino Lema Santos, e outras imaxes inéditas con vistas aéreas. Un xeito de cubrir o déficit en materia dixital sobre a esta Festa de Interese Turístico Galego (apenas existe un interesantísimo documental feito por Mandeo Records) e resaltar a historia de Avelino como fío condutor desta histórica representación.
Renovación da Caseta de Información Turística

Facíalle falta á Caseta de Turgalicia en Laxe unha renovación. E xa podemos ver os novos vinilos cubrindo as fachadas da mesma cubertos con fermosas imaxes do solpor sobre o mar dende Punta Insua, dos surfistas en Soesto, da zona de Traba, da praia dos Cristais e do propio Naufraxio. Historia viva de Laxe en imaxes.

Aberto o sendeiro aos Penedos de Traba e Pasarela
Así mesmo, traballadores municipais veñen de facer tarefas de debroce na zona da Torre da Moa para facilitar o accesto á ruta de sendeirismo que transcorre polos Penedos de Traba e Pasarela.
Datos turísticos
Ademais, fai balance o Concello de Laxe dos datos extraidos da Punto de Información Municipal situado este verán no Museo do Mar, dándolle así ademais unha gran vida a este espazo museístico e histórico. Destacan varios puntos:
- O 62,31% dos visitantes era a primeira vez que estaba en Laxe.
- O 82% eran nacionais, sendo os madrileños (20%) os máis numerosos mesmo por diante dos da provincia da Coruña (16%). Vascos e leoneses tamén están entre os destacados. Entre os estranxeiros, destacan franceses, alemáns e británicos.
- O 41% dos turistas só pasaron unhas horas por Laxe. O 10% pasou un día enteiro e o 11% unha semana.
- O motivo principal das visitas é as vacacións (41%), sendo tamén moi habitual pasar por Laxe facendo unha ruta pola Costa da Morte.
Que piden os turistas nun punto de información?
Un dato interesante colleitado:
- O 25% das consultas dos visitantes que pasaron polo punto de información preguntou polas actividades para facer e cousas que ver.
- O 22% preguntou sobre outros lugares da comarca.
- O 19% preguntou por rutas de sendeirismo.
Novas relacionadas
- Naufraxio 2017: Laxe viviu o seu milagreiro Naufraxio.
- Naufraxio 2015: Emoción na lembranza dos mariñeiros do Naufraxio de Laxe.
- Naufraxio 2014: Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- Naufraxio 2013: O Naufraxio de Laxe celebrou a súa declaración como Festa de Interese Turístico con máis emoción que nunca.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte.
- Unha tarde cos percebeiros de Laxe.
- As Festas de Interese Turístico Galego da Costa da Morte.
- O Naufraxio de Laxe protagonista dunha documental con 50 anos de historia.
- Unha vida no mar de Laxe.
- Soñando o Mar de Laxe completa a triloxía sobre a vida mariñeira na vila bergantiñá.
- Os soños do Mar de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Laxe.