Luns. 09.09.2024
El tiempo

Laxe poderá reparar a cuberta do pavillón para evitar as goteiras

Laxe poderá reparar a cuberta do pavillón para evitar as goteiras
Pavillon polideportivo de Laxe

O Pavillón de Laxe terá, en breve, unha cuberta nova. “Era unha reforma moi necesaria, tras varias pequenas intervencións que non solucionaron as pingueiras”, sinalaba o alcalde laxense Antón Carracedo.
As obras serán en breve unha realidade como o acordaron onte nun convenio alcalde de Laxe e Presidente da Deputación, polo cal a institucional provincial destinará 100.000 euros á reparación e acondicionamento da cuberta do polideportivo do municipio.

A Deputación faise así cargo do 100% do orzamento da obra que inclúe a cubrición e o saneado da estrutura, actualmente en moi mal estado. En concreto, os traballos consistirán na substitución de canelóns, baixantes e da chapa da cuberta. Instalarase unha estrutura metálica cunha pintura illante e nove lucernarios de paneis translúcidos.

Cómpre sinalar que as obras se realizarán sobre unhas instalacións moi utilizadas polos veciños do municipio. Non só as escolas deportivas se desenvolven neste polideportivo, senón que tamén os alumnos do colexio fan uso das mesmas. En total, o rexedor calcula que en torno ao 15% da poboación goza deste polideportivo.

Esperan desenvolver as obras durante o verán para que así o recinto estea reparado para o novo curso escolar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios