Malpica e laxe prantexa un Nadal tradicional e solidario

Os Concellos de Laxe e Malpica preparan un Nadal do máis tradicional e solidario. Se por Malpica haberá moitos obardoiros, por Laxe terán como punto forte a campaña de recollida solidaria.
Nadal solidario en Laxe
Tras catro anos organizando campañas de recollidas solidarias e despois de falar con diferentes ONG ́s e entidades sociais, o Concello opta por facer unha campaña de de recollida de material escolar de cara a contribuír a mellorar as necesidades didácticas e educativas de moitas familias que a día de hoxe non contan con recursos e que este ano posiblemente, se quedaran sen beca e outras axudas para o estudio.
Unha vez rematada a campaña, o material distribuirase entre as seguintes entidades: Cruz Vermella e Cáritas Parroquial de Laxe e a ONG Ecodesarrollo Gaia. A campaña estarán en marcha do 19 de decembro ao 31 de xaneiro, o Lugar de recollida será Pranta baixa da Casa do Concello de Laxe.

Programa de Nadal de Malpica
Hai concurso de debuxo e pintura, festival de corais, obradoiro de adornos, festival de Nadal, visita de Papá Noel, sorteos, festas infantís, festa de fin de ano para os maiores, pasarrúas de panxoliñas, maitines, e moito cine para rematar coa cabalgata dos Reis Magos o día 5 polas parroquias do Concello.

Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).