Novo equipamento para poñer en valor o Arquivo Vidal no Museo do Mar de Laxe
23 de outubro de 2024 (07:52 h.)
Vén de recibir novas melloras o Museo do Mar de Laxe. Valorados en 12.500 euros (0 80% sufragados pola Xunta), o Museo puido facerse cunha cámara escáner de sobremesa para dixitalizar libros e documentos en papel; atrís, paneis e soportes para a exhibición de pezas, ademais de dúas vitrinas para o primeiro andar e catro “roll-up”, que estarán dedicados ao Arquivo Fotográfico Vidal, ao Arquivo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa, e ao médico indiano Ramón Juega.