Unha campaña de 7.000 para difundir o Arquivo Vidal
Xa van 3 anos e medio dende que o Museo do Mar de Laxe estreou a exposición permanente coas imaxes do Arquivo Vidal. Un patrimonio de valor incalculable que, polo de agora, o concello non está a aproveitar.
Esta semana, o Concello anuncia a posta en marcha do “Proxecto de actualización e salvagarda da colección permanente do Museo do Mar de Laxe”, que conta cunha pequena axuda de 7.000 euros sufragados nun 80% pola Xunta, no marco da convocatoria de axudas deste ano 2022 destinadas aos centros museísticos da Rede Galega de Museos.
O obxectivo deste programa foi dobre: difundir e salvagardar todo o material e patrimonio gráfico do museo, especialmente os negativos do Fondo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa e do Arquivo Fotográfico Vidal (imaxes, estas últimas, declaradas Ben de Interese Cultural de Galicia); e darlle unha maior visibilidade ás fotografías.
O Cocnello comprou con esta axuda de elementos de almacenaxe (carpetas, caixas) e paneis informativos para mostrar a documentación visual.