O Arquivo Vidal xa ten un completo vídeo

Segue traballando o departamento de Turismo do Concello de Laxe na recuperación da memoria histórica do concello e tamén da Costa da Morte. Así, este domingo 22, o Museo do Mar de Laxe acolle, a partir das 17:30h, a estrea dun vídeo de hora e media de imaxes do Arquivo Vidal. Hora e media de imaxes que reflicten a evolución da Costa da Morte nas últimas catros décadas do século XX.
”Laxe: Aqueles marabillosos anos” recolle 550 fotografias das que se están a escanear do Fondo Fotográfico de José María Vidal Eiroa, o último da saga dos Vidal de Laxe. Un Fondo recuperado despois de ser abandonado pola familia no baixo da vivenda familiar que venderon, que despois cederon ao Concello que leva anos de complexo traballo de recuperación, conservación e dixitalización.
O vídeo lévanos pola comarca (Bergantiños e Soneira son as zonas máis representadas pero tamén hai de Muxía, Fisterra, Corcubión ou A Coruña) por vodas, bautizos e comuñóns, retratos individuais, colectivos, familiares, eventos sociais, relixiosos e políticos (visita de Fraga a Laxe, Visita de Beiras, Visita do expresidente Laxe, mitines...), acontecementos deportivos (fútbol, vela...), oficios, actividades portuarias, patrimonio cultural (pazos, igrexas, dolmenes...), festas, orquetras, salas de festas, as praias e os bañistas, casas…
Co tempo irá gañando prestixio histórico este recén recuperado e premiado Arquivo, pois nel aparece representado a sociedade e o territorio da Costa da Morte de finais do século XX.
O vídeo, realizado por Joaquín Vidal, ficará no Museo do Mar, para concienciar da importancia do legado fotográfico-histórico.
Novas relacionadas
- Outubro 2019: O Arquivo Vidal recibe o premio "Fotógrafo Histórico" da Deputación.
- 18-09-19: O DOG publica a catalogación do Arquivo Vidal como BIC.
- Xullo 2017: O Arquivo Vidal xa é Ben de Interese Cultural:
- Abril 19: A historia do Arquivo Fotográfico Vidal.
- Abril 19: Laxe estreou unha potente exposición sobre a vida e obra de Vidal.
- Setembro 2018: O Arquivo Vidal dá pasos para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.
- Agosto 18: O libro fotográfico de Vidal desborda ilusión.
- José Vidal, “o fotógrafo da xente”. O libro de Xan Fernández Carrera.
- “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”.
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.