Novos cursos en Laxe para sacar os certificados de Atención sociosanitaria

08:15 10/10/13

Está en marcha para o mes de novembro un novo Curso de Preparación para a obtención do certificado de profesionalidade de "Atención Sociosanitaria". Así, aquelas persoas que queiran sacar o título para coidar persoas dependentes, benen casa ou en institucións sociais, pode comezar a formarse dende Laxe.
O curso dura 3 meses, sendo semipresencial. Estará impartido por Noemí Asorey, formadora de cursos de Atención Sociosanitaria desde 1999. E o imparte no seu centro de traballo Colaxe, que conta con instalacións para dar contidos teóricos e prácticos.
Xa poden inscribirse, as prazas son limitadas, no centro Colaxe chamando ao 981 728 319 ou enviando un correo a colaxe@colaxe.es.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).