O Playa de Laxe, entre os mellores aloxamentos de España para HotelsCombined


Sempre é unha satisfacción ver que o noso sector hostaleiro recibe recoñecementos. Desta volta é o Hotel Playa de Laxe o que recibiu un Recoñecemento á Excelencia oficial, da man do comparador de aloxamentos HotelsCombined, tras unha extensa avaliación, realizada exclusivamente polos clientes, que inclúe os diferentes tipos de aloxamentos en España. Esta avaliación consistiu en reunir datos de millóns de comentarios de clientes, e traducilos neste recoñecemento que non é un ranking senón un grupo de aloxamentos destacados escolleitos baseándose nuns estritos criterios.
Para ser considerados, os propietarios deben reunir unha serie de criterios:
- No momento de ser xulgado, o aloxamento está valorado cun 9.0/10 ou máis, cun mínimo de 100 comentarios de clientes na páxina de HotelsCombined.
- Non se puido detectar ningún problema de servizo ao cliente destacable, nin ningún problema recurrente ou sen solucionar.
Ademais HotelsCombined está tendo en gran consideración tamén a forma na que os empregados do hotel responderon ao equipo de Hotels Communication, demostrando o seu compromiso en proporcionar asistencia rápida.
E nese sentido, o hotel laxense recibiu 386 comentarios e unha impresionante valoración media de 9.1 sobre 10.
O director da propiedade amósase satisfeito: “Grazas por este recoñecemento ao traballo ben feito, á constancia e o afán de mellorar, esperamos poder seguir así. Grazas tamén ao equipo que temos sen eles isto non sería posible”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).