O programa de Outono trae varias charlas informativas a Laxe


O vindeiro venres día 9 de novembro teremos en Laxe unha charla informativa, sobre as distancias das plantacións a vías e vivendas. A Lei de Montes, unha desas leis que non se cumpren pero que parece que se poden comezar a poñer a aplicar.
Será no Museo do Mar ás 8 da tarde, e estará dirixida por Manuel Capón Domínguez, Xefe do Distrito Forestal II Bergantiños - Mariñas Coruñesas.
Teatro dominical
Ademais, o domigo 11 péchase a XII edición do Mostra de Outono de teatro de Laxe co Grupo de teatro APEM de Carballo e a obra “Cambiouche ben o conto”. Actuará ás 19:00 no Salón de Actos municipal.
Charla de Velutina
Mentres o Concello de Carballo facía balance mensual (o pasado mes de outubro foron 159 niños retirados, sendo un total de 467 no que vai de ano, lixeiramente menos que o ano pasado, en todo caso), por Laxe preparan tamén unha charla para o venres 23 de novembro sobre a velutina., Será Xesús Feas, investigador da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, o encargado de impartila a partir da 20:00h no vivo Museo do Mar.