O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba
07:07 30/12/15
Portada dun dos calendarios editados polo SEMESCOM
Os Penedos de Traba e Pasarela son os protagonistas dos dous calendarios que acaba de publicar o SEMESCOM - Seminario de Estudos da Costa da Morte - e que presentará hoxe, ás 20 horas, na casa da Cultura de Vimianzo. Cada unha das pedras que forman esta singular paisaxe serán a imaxe principal de cada un dos doce meses do ano.
Esta inciativa xurdiu, en parte, despois de que algúns medios de comunicación falasen dunha posible explotación dos Penedos de Traba e Pasalera pese a que é dende o 2009 unha das áreas de Paisaxe Protexida da Xunta de Galicia.
Dende o 2009 os Penedos de Traba e Pasarela están protexidos baixo a figura de Paisaxe Protexida
Dende o SEMESCOM critican a pasividade da Xunta de Galicia por un espazo de interese turístico e ambiental como este. "Que os Penedos de Traba e Pasarela siguan en perigó é outra proba do desinterese da Xunta pola Costa da Morte, pois nunca se preocupou de poñer en valor este recinto comparable á Cidade Encantada de Cuenca, que podería atraer á comarca moitos visitantes", aseguran dende a directiva da entidade.
Novas relacionadas
- O Semescom organiza a ruta turístico-literaria Costa do Solpor
- A SEMESCOM cede un tesouro en forma de libros á Biblioteca muxiá
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela
- O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras
- Redacción QPC ([email protected])
- Semescom