mércores. 26.03.2025
El tiempo

Reunión aberta para a organización do entroido en Laxe

Reunión aberta para a organización do entroido en Laxe
entroido-laxe-2017 entroido-laxe-2017 O próximo vernes 10 de febreiro celebrarase en Laxe unha reunión con motivo da organización dos actos do entroido que está aberta a todas aquelas persoas que queiran e podan colaborar na preperación dos eventos. Está previsto que o sábado 25 de febreiro se reciba o entroido coa chegada á vila do Caietano así como o tradicional desfile e festa de comparsas. Tamén está programa a despedida do entroido para o día 3 de marzo co enterro do Caietano. Así o concello de Laxe convida a asistir a esta segunda reunión a todas as persoas que desexen participa na creación dunha comparsa, porque queiran ser o Caietano deste ano, porque teñan inventiva na creación de cancións e coplas, porque queiran botar unha man na elaboración artesanal de filloas ou queiran contribuír a seguir facendo unha gran festa de entroido. Fonte

Comentarios