Venres. 19.04.2024
El tiempo

Soesto acollerá a V edición do certame ‘A mellor tortilla doce do Peñón’

LAXE_Cartel Día do Peñón
Soesto acollerá a V edición do certame ‘A mellor tortilla doce do Peñón’

Un ano máis, volve o certame ‘A mellor tortilla doce do Peñón’. O Concello pon en marcha unha quinta edición deste concurso co que se busca promover a recuperación de receitas de tortillas doces e seguir poñendo en valor a gastronomía local e o patrimonio cultural.
O certame celebrarase o vindeiro luns, 29 de maio, na Braña de Soesto, coincidindo coa festa do Peñón.

As tortillas que se presenten ao concurso deberán conter, como mínimo, os catro ingredientes tradicionais deste tipo de prato: ovos, azucre, pan e leite. Sen embargo, cada cociñeiro ou cociñeira poderá engadir máis ingredientes se así o considera.

Poderá participar calquera persoa maior de idade previa preinscrición na oficina de Cultura do Concello, ben de xeito presencial ou ben chamando ao 881 045 854, ata o propio 29 de maio ás 12:00 horas. A persoa gañadora recibirá un diploma e un vale de 120 euros ‘simbólico’ para que poida gastar nos comercios e locais de hostalaría do Concello de Laxe.

A partir das 17:00 horas haberá inchables e animación para os nenos e nenas a cargo de D’Troula; e, unha hora máis tarde, o público máis adulto poderá desfrutar da actuación musical da charanga ‘Santa Compaña’. Tamén haberá unha demostración en directo de como se elabora a tortilla doce.

Comentarios