Un mar de Billardas volve á praia de Laxe
Golpean co palán e brincan as billardas aos ríos e ao mar
Así percorre a Liga Nacional de Billarda cada recuncho do país, recuperando este deporte tradicional e facéndoo máis actual que calquera outro. E volve, como fixera hai 2 anos, á praia de Laxe, para disputar o Allstar-2017 de Billarda.
A cita será este vindeiro sábado 18 de marzo, e será tremendamente completa. Arrincará ás 12:00h co concurso de triplas e mates, como se da NBA se tratase. Despois toca xantar de irmandade en O Pino (cómpre reservar), para comezar o Aberto das Estrelas do leste contra o oeste a partir das 16:30h.
Xa que están, ficarán a pasar a noitiña por Laxe e disfrutar de varios concertos LNB, para completar unha xornada máxica.
Charla-exposición
Ademais, este sábado 11 de marzo haberá unha charla que servirá para inaugurar unha exposición sobre os 10 anos que leva a LNB polo país.
Un bo grupo de xente de toda a bisbarra xogou á Billarda na Praia de Laxe-Foto-Oscar CranitotMáis información
Novas relacionadas
- Xaneiro 2015: Sol e billarda na praia de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).