Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xosé Iglesias presenta o seu álbum ilustrado en Laxe

Xose Igleisas en Laxe
Xosé Iglesias presenta o seu álbum ilustrado en Laxe

Este venres 2 de xullo do 2021 as 19:30, terá lugar no salón de actos hotel Playa de Laxe en Laxe o acto presentación dunha pequena colección de acuarelas do mariñeiro Xosé Iglesias, que quedará exposta no mesmo salón todo o mes de Xullo. Ademáis presentarase o seu álbum ilustrado NACIÓN MAR, un pequeno recopilatorio destas mesmas acuarelas explicando a historia de cada unha de elas, os barcos que representan e as experiencias do seu propio autor. Xosé Iglesias, poeta, fotógrafo, pintor, mariñeiro…

“Nación Mar” é “un pequeno berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia”. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.

¡Coa colaboración da Tenda dos Libros de Ponteceso para a distribución do mesmo, tanto na presentación como na mesma tenda.

Novas sobre libros

Comentarios