Venres. 04.10.2024
El tiempo

10 anos de poesía erótica nas Sisargas

10 anos de poesía erótica nas Sisargas
Presentacion do Certame de Poesia Erotica Illas Sisargas de Malpica 2015

A asociación Caldeirón e o Concello de Malpica puxeron en marcha o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas na súa décima edición. Aí estiveron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o secretario da Asociación Cultural Caldeirón, Paco Souto, ademais membro do BNG local, na presentación.

O Concello de Malpica achega para o certame un total de 2.100 euros, 1.000 dos cales destínanse á dotación do premio, e tamén financia a edición das obras gañadoras. Para Paco Souto foi “un acerto” optar por una edición e unha colección propias, grazas ao cal hoxe “temos un formato recoñecible e unha lista de autores que todo o mundo envexa”. O secretario da asociación Caldeirón cualificou o apoio do Concello de Malpica coma “un privilexio”.

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas naceu a partir dos recitais de poesía erótica e contos de medo organizados pola Asociación Cultural Caldeirón nos locais de hostalería de Malpica. Hoxe xa é un referente e cada vez vai a máis. Na pasada edición duplicouse o número de orixinais, cun total de 25, e os organizadores agardan manter ou mesmo ampliar a cifra este ano, no que o certame recibirá un impulso para conmemorar o seu 10º aniversario.

O prazo para presentar as obras xa está aberto. Os interesados poden envialas ao Concello de Malpica (Avda. Emilio González López, 1-15113 Malpica de Bergantiños), indicando no sobre “X Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas”.

Os gañadores

Estes son os gañadores das nove edicións anteriores:

  • “Arredor do teu corpo”, Antonio García Teijeiro
  • “Baile Átha Cliath”, Alberte Momán
  • ”Xoguetes póstumos”, Enma Pedreira
  • “Rúa da cancela”, Eli Ríos e Eduardo Estévez
  • “Amantes”, María Lado
  • “Carnia Haikai”, Elvira Riveiro
  • “Chamádeme Eva”, Mercedes Leobalde
  • “Dominio público”, Ramón Neto
  • “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán. “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán. O libro presentarase coincidindo coa Cea das Letras, no mes de novembro, na que tamén se fará publico o fallo da décima edición.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios