Ana Ruiz expón os Faros da Costa da Morte en La Ratona
09:23 29/07/26
Coñecíamos a Ana Ruíz con profundidade coa entrevista que lle fixo Alejandra Plaza. Estas semanas poderemos coñecer un pouco mellor a súa obra, o seu traballo.
Aos seus 56 anos protagoniza unha exposición dos faros da Costa da Morte en La Ratona, o agarimoso establecimento hostaleiro de Barizo, un dos poucos espazos onde podes escoitar un concerto mentres gozas dunha cea exquisita.
