A marca #TerrAtlántica achégase á artesanía

TerrAtlántica achegase aos artesans

Esta semana a marca #TerrAtlántica está comezando unha nova campaña de implantación na comarca. Faino cunha serie de encontros cos artesáns, parte fundamental para que a marca acade un simbolismo de calidade e autenticidade.

Houbo unha boa acollida da sesión informativa na que participaron varios membros da Asociación de Oleiros de Buño, como Carmen Isabel Labrador, Alfarería Lista, o Obradoiro Cambón, Artesanía Musical Cerviño ou José Manuel Reino Bardanca de Alfarería Mindiringuín… entre outras.

Xornadas de Networking

Este xoves o Centro Sociocultural de Baio acollía o primeiro encontro de networking realizado pola marca coas emrpesas asociadas, para establecer propostas de mellora e sinerxías no novo contexto tras a pandemia.

A segunda cita será ás 20:00h tarde do vindeiro 9 de xullo, tamén en Baio, e se adicará á comunicación, aportando consellos e ferramentas para optimizar a súa estratexia comunicativa a través de canles offline e online. Para participar poden preguntar en 981 71 73 58 e info@terratlantica.gal.

Novas relacionadas