Martes. 22.10.2019
El tiempo

A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas

Foto de familia nas Torres do Allo
Foto de familia nas Torres do Allo
A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas

Época de marcas turísticas a que estamos vivindo. A CMAT presentaba unha nova imaxe de marca turística para Costa da Morte, mentres o GDR facía a súa aposta paralela pola marca “Terra Atlántica”, enfocada ao produtos e servizos de empresas da comarca, máis que ao turismo propiamente dito.

Onte era cita de posta en escena da marca Terra Atlántica, “marca territorio busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial”. As Torres do Allo acollían unha nova sesión informativa e a entrega das 19 primeiras credenciais para os 19 primeiros emprededores que apostan por este símbolo de calidade. Pero son moitos máis os que están preparando o papeleo.

O presidente da entidade, Lolo Muíño, e o seu xerente, José Antonio Vila, presentaron toda a información sobre a adhesión á marca, os seus beneficios, e as accións que se están levando a cabo para xestionala e promocionala; e unha segunda na que tivo lugar a sinatura de convenios de adhesión e entrega de credenciais ás empresas que xa están adheridas.
Para finais do mes de outubro está prevista a celebración dun evento de presentación pública da marca.

Novas relacionadas

Comentarios