Xoves. 24.09.2020
El tiempo

Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica"

Soportes sanitarios para xel feitos por Gerca con marca Costa da Morte-Terra Atlántica
Soportes sanitarios para xel feitos por Gerca con marca Costa da Morte-Terra Atlántica
Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica"

Tempos de crise, tempos de oportunidades. Así o entende a empresa da Costa da Morte GERCA, especializada en mobiliario e carpintería metálica, que está en pleno proceso de adaptación á emerxencia sanitaria sacando unha nova liña de productos enfocados á prevención e hixiene do coronavirus.

GERCA foi capaz de reorientar en tempo récord a súa producción par deseñar e fabricar diariamente máis de 1.000 soportes personalizabes para xeles hidroalcohólicos para comercios, espazos públicos e privados ou lugares de traballo. Unha consecuencia directa é a reincoportación e mantemento do emprego de gran parte da súa plantilla, a maioría da comarca de Soneira.

A empresa soneirá ofrece así unha solución útil, estética e personalizable á toda empresa que opere con atención ao público, como administracións, traballadores en tendas, supermercados, cafeterías, centros sanitarios, comunidades de veciños, fábricas ou lugares de lecer entre outros.

Un produto ademais vencellado á marca “Costa da Morte - Terra Atlántica, un valor engadido necesario en tempos nos que tanto administracións públicas como a sociedade en xeral deben tomar consciencia da necesidade de recuperar a soberanía industrial para saír da actual crise sanitaria e económica”.

Novas relacionadas

comentarios