Luns. 18.11.2019
El tiempo

A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán

Presentación no Faro Vilan da marca Terra Atlantica
Presentación no Faro Vilan da marca Terra Atlantica
A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán

Segue afianzándose a marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica”. Impulsada polo GDR Costa da Morte, e buscando crear un distintivo de identidade quye englobe os nosos produtos e servizos de maior calidade, a marca tivo unha nova presentación oficial este xoves no Faro Vilán.

Representantes do GDR, de AGADER, e de institucións, empresas e asociacións empresariais, interviron explicando como medra esta marca, que xa conta con decenas de empresas adheridas, e que abre así a súa porta ao mundo.

O evento comezou coa perspectiva empresarial, a cargo de Olga Campos, que falou da importancia da iniciativa para as compañías da Costa da Morte. A seguir, o presidente da entidade impulsora, Manuel Muíño explicaba o proceso de creación e desenvolvemento da marca. Encarna Liñeiro, como representante do concello anfitrión, e Javier Blanco, en nome de AGADER, ofreceron o punto de vista das institucións que apoian Terra Atlántica, sinalando o papel de visibilización que ten este proxecto para a zona, e a vocación de continuidade.

Finalmente, os encargados da comunicación da marca explicaron as accións que se están levando a cabo e que están previstas para promocionala, e amosaron o vídeo que se creou para apoiar esa tarefa de difusión.

Novas relacionadas

Comentarios