Adxudicadas, por fin, as obras de renovación do céspede do campo de Pedra Queimada

Despois de dous anos e varias promesas de varios grupos, o Concello de Malpica ven de adxudicar as obras de mellora do Campo de fútbol municipal de Pedra Queimada á empresa MONDO IBÉRICA SAU, por un importe total de 216.162,94 euros, obra incluída no Plan de Obras e Servizos (POS +) 2025.

A intervención permitirá modernizar estas instalacións deportivas mediante a substitución do céspede artificial, un dos más castigados da comarca,, a renovación do sistema de rego, a instalación de novos banquiños e o acondicionamento das barras de protección do perímetro con acolchado, co obxectivo de mellorar a seguridade e o confort das persoas usuarias.

O prazo de execución dos traballos establécese entre o 29 de maio e o 29 de agosto, período durante o cal se levarán a cabo as distintas intervencións previstas.