mércores. 11.12.2024
El tiempo

Conseguido financiamento para a renovación do céspede de Pedra Queimada

SCD Malpica-Soneira SD en Pedra Queimada
Un partido na Pedra Queimada
Conseguido financiamento para a renovación do céspede de Pedra Queimada

Xunto co Municipal de Vimianzo, o céspede de Pedra Queimada é dos máis castigados. 23 anos ten xa o céspede artificial do campo da capital malpicá, e xa había tempo que os grupos levaban formulando a neceisdade de cambialo.

Este ano, xa cos proxectos preparados, o Concello tiña formulado levalo no POS tras serenlle rexeitados os Fondos Next Generation, pero dende o PSOE se comprometeron a conseguir financiamento.

E as é. Hoxe, o voceiro socialista Walter Pardo anuncia, tras unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o compromiso para financiar as obras. “A nosa oposición non se limita a criticar a acción do goberno municipal, senón que procura buscar solucións aos problemas e ser propositiva e útil para os nosos veciños e veciñas”, asegura un Pardo que explica que “marcho alegre e tranquilo xa que me confirmou que o orzamento do Plan Unico (POS+) se incrementerá nun 72% en 2025”, como no resto de concellos da provincia.

Walter Pardo e Valentin Gonzalez Formosos
Walter Pardo e Valentín González Formoso

Formoso garante que o POS de Malpica de 2025 sexa de 650.000€ (250.000 que este ano), polo que Pardo invita ao grupo de goberno a inclir esta necesaria obra do campo de fútbol entre as que solicite á Deputación dentro do POS+2025.

Máis novas

Comentarios