domingo. 09.02.2025
El tiempo

O campo de Pedra Queimada será renovado finalmente cos fondos do POS

Cespede do campo de Pedra Queimada-Malpica 12
O céspede do campo de Pedra Queimada é un dos máis castigados da comarca
O campo de Pedra Queimada será renovado finalmente cos fondos do POS

Aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS+) 2025 o pleno de Malpica celebrado este xoves 30 de xaneiro. Fíxoo cos 6 votos a favor do PP, mentres que o BNG e AIM optaron pola abstención (3 votos), e o PSOE manifestou a súa oposición con 4 votos en contra. E iso que o Plan Único vai afrontar unha obra para a que o propio PSOE prometera ter conseguido financiamento directo, como é a renovación do céspede do campo de Pedra Queimada
Agora, o proxecto de Cambio de céspede, rego, acolchado do perímetro de xogo e banquiños do campo de Pedra Queimada, que contempla a creación de dous campos de fútbol 8 e un de fútbol 11, conta cunha partida do Plan Único 2025 de 264.182,57 €.

Ademais, hai outra partida de 274.463,26 € que serán destinados a gasto corrente.

Así mesmo, a partida do POS+ Complementario destinarase ao ensanchamento e mellora da estrada Brión - O Castro, cun orzamento de 210.508,92 €.

O grupo socialista explica o seu voto en contra por non ser consultado para consensuar o POS, porque o proxecto final non inclúe a creación dunha pista en Leiloio, e porque considera que "non podemos ser cómplices deste desfalco do diñeiro público", ao entender que hai demasiada partida para gasto corrente, unha práctica que, en todo caso, realizan moitos outros concellos.

Obras en Seaia

Praia seaia escalinata

Ademais, rematáronse xa as obras da nova escaleira de acceso á praia de Seaia
A execución do proxecto foi posible grazas a unha subvención de Red Natura e contou cun orzamento de 37.741,22 euros, dos cales 30.000 euros foron achegados como axuda pública, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). 
 

Máis novas

Comentarios