Aparece varada unha tartaruga varada en Malpica cun plástico enorme no estómago

No recadro vese o plástico atopado no estómago da tartaruga polo CEMMA

Aparecía onte no porto de Malpica un macho adulto de tartaruga de coiro, que tiña indicios de morte por captura accidental. A xente da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA, acodía para examinala, gracias á colaboración de Portos de Galicia.

Ao abrir o estómago, ademais de pequenos tunicados dos que soe alimentarse esta especie, atopouse un plástico de 30x50cm, que polo momento non impedía o tránsito dixestivo, pero puido ser clave para o seu pasamento.

Novas relacionadas