Aparece varada unha tartaruga varada en Malpica cun plástico enorme no estómago
16:13 16/10/19
Aparecía onte no porto de Malpica un macho adulto de tartaruga de coiro, que tiña indicios de morte por captura accidental. A xente da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA, acodía para examinala, gracias á colaboración de Portos de Galicia.
Ao abrir o estómago, ademais de pequenos tunicados dos que soe alimentarse esta especie, atopouse un plástico de 30x50cm, que polo momento non impedía o tránsito dixestivo, pero puido ser clave para o seu pasamento.
Novas relacionadas
- Setembro 19: O varamento dun golfiño en Malpica serve de improvisada sesión formativa.
- Agosto 19: As baleas volven por Fisterra.
- Agosto 19: Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos.
- Xullo 18: Percebeiros de Corme intentan en balde salvar un caldeirón común varado no Roncudo.
- Xuño 18: Surfistas, membros do GES e do CEMMA liberan un golfiño que quedara varado na praia de Louro.
- Marzo 18: O 60% dos varamentos de cetáceos débense a diferentes artes de pesca.