Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Percebeiros de Corme intentan en balde salvar un caldeirón común varado no Roncudo

Percebeiros de Corme intentan en balde salvar un caldeirón común varado no Roncudo
Percebeiro de Corme falando cun caldeiron comun un Percebeiro de Corme intentando salvar un caldeiron común varado preto do cabo Roncudo Día completo tiveron onte os percebeiros. Mentres faenaban as últimas capturas para a Festa do Percebe do Roncudo, que se celebra este sábado, tiveron unha visita improvisada. Traátabase dun caldeirón común, que varaba, arredor das 10:00h da mañá do pasado mércores, entre as rochas dunha zona de moi difícil acceso preto do cabo Roncudo, embaixo mesmo das famosas cruces. Os propios percebeiros que estaba faenando viron como se achegaba á costa, e varaba entre as rochas. Trataron de metelo de volta ao mar, pero non puideron. Un dos protagonistas, José Carabel, cóntanos que ”estaba moi desortientado, estivemos pelexando para devolvelo ao mar pero parecía que o home non quería vivir, metíase para dentro das rochas… Foi un pouco duro, a verdade, porque o home miraba con cara de pena”, conta o propio percebeiro. Arredor das 12:30h chegou o CEMMA (Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños), que fixeron unha longa viaxe dende Nigrán, pero cando chegaron, o corpo do caldeirón xa o levara a marea. Estiveron buscando ata as 17:30h da tarde, pero non o atoparon. En todo caso, falaron cos percebeiros da zona, que si que valoran un pouco máis o seu traballo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/surfistas-membros-do-ges-e-do-cemma-liberan-un-golfino-que-quedara-varado-na-praia-de-louro/

Comentarios