Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos

Candorcas en Fisterra-Foito-Anxo Cao para CEMMA
Candorcas en Fisterra-Foito-Anxo Cao para CEMMA
Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos

Algún privilexiado puido disfrutar esta fin de semana dunha xornada espectacular no mar de Fisterra. Porque ver golfiños, candorcas, unha balea alibranca e un tiburón peregrino nunha soa saída non é doado.

Así o gozaron varios tripulantes da expedición que o CEMMA (Coordinadora polo Estudo dos Mamíferos Mariños) organizou no marco da campaña de embarques participativos para a monitorización destes animais. A bordo da embarcación do Buceo Finisterre, unha ducia de tripulantes disfrutaron de todas estas especies.

Dende o CEMMA destacan a presencia das candorcas, que xa nos visitaran en 2015.

Novas relacionadas

Comentarios