Luns. 14.10.2019
El tiempo

O 60% dos varamentos de cetáceos débense a diferentes artes de pesca

O 60% dos varamentos de cetáceos débense a diferentes artes de pesca
O CEMMA analizando un golfino varado en Muros O CEMMA analizando un golfiño varado en Louro a comezos de mes-Foto-Manuel Maria Candamo Xa superamos, con creces, o centenar de varamentos de cetáceos no litoral galego. Outros anos, como en 2014, xa levaban 200 a estas alturas do ano, pero a cifra deste ano está sendo importante. Máis de 100 cadáveres de golfiños, caldeiróns, cifios… están aparecendo nas nosas praias azoutados polos fortes temporais de mar que estamos a vivir. Pero non é que sexan os temporais os que acaben ca vida dos animais, senón que perden a vida por outras causas e son arrastrados á nosa costa polo mar bravo. Por iso é tan importante facer inspeccións como a que fixo o CEMMA o pasado mes en Louro, para coñecer as verdadeiras causas das mortes. https://www.facebook.com/manuelcandamosendon.candamosendon/videos/2023269784555065/?t=262 Cóntanos Alfredo López, da propia Coordinadora do Estudo dos Mamíferos Mariños que boa parte dos animais chegan nun estado de descomposición que impide sacar conclusións. Pero hai outros que aparecen máis frescos que si que permiten examinar e analizar as causas das mortes, e de aí está extrapolando que arredor dun 60% das mortes son debidas as capturas accidentais de diferentes artes de pesca. Alfredo explica que nesa porcentaxe levan atopado indicios de marcas de redes ou cortes das tanzas. Golfino varado en Louro-Fotos-Manuel Maria Candamo Golfiño varado en Louro esta pasada semana-Fotos-Manuel María Candamo Pola zona, a zona de Muros a Fisterra está sendo moi castigada, pero tamén houbo casos en Laxe ou Ponteceso. Ou en Muxía, onde hai pouco varaba un especimen de cifio (Ziphius cavirostris), un dos grandes mergulladores, unha especie moi rara de ver e por iso moi interesante para analizar. Foi o exemplo muxián un deses casos onde a falta de coordinación impediu un bo examen, pois con todo organizado para facer a viaxe e a autopsia, a mar levou o corpo na seguinte marea. Ziphius cavirostris varado en Muxia-Foto-Policia Municipal Ziphius cavirostris varado en Muxia-Foto-Policia Municipal

Responsabilidades

Porque as responsabilidades e prioridades deberían quedar moi claras e a coordinación debería ser moito máis efectiva, sinala Alfredo. “A retirada é responsabilidade dos concellos. Nós, no CEMMA intentamos ir antes para coller mostras, analizar os corpos, e despois chamaos aos Concellos, peo ten que haber coordinación. Hai moitas veces que non nos avisan, ou que chegamos e xa recolleron o corpo. As veces pasan meses os animais ciscados e outras veces andamos ás presas, e nós que estamos en Nigrán e ese día temos 10 varamentos en toda Galicia, non podemos chegar en unha hora”, explica. A CEMMA pídelle sempre á Xunta que envíe un comunicado co protocolo de actuación, pero non se fai e rómpese a dinámica, e retíranse animais sen ser estudiados. Golfino varado en Corcubion dende hai 2 meses-Foto-Perla Fuentes 2 Golfiño varado en Corcubión dende hai 2 meses-Foto-Perla Fuentes

Máis novas de fauna mariña

Fonte

Comentarios