![escola-municipal-futbol-malpica]()
Esta tempada participaron nas Escolas Municipais de Fútbol de Malpica uns 50 nenos e nenas do municipio
O concello de Malpica continúa estes días coa
clausura das súas actividades de inverno. Agora foi o turno das Escolas Municipais de Fútbol que se despediron ata o vindeiro ano cunha xornada de deporte e diversión no campo de Xaviña.
Houbo partidos de peques contra papás e mamás, e algún dos equipos infantís estivo ben reforzado, porque xogou con eles o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín Varela. Houbo mochilas para os 50 participantes nas escolas e tamén entrega de medallas aos
alevíns por proclamarse campións da Liga de Costa Bergantiñá. E para coller forzas, pizza para todos!.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica