luns. 16.03.2026
El tiempo

Noelia Freijeiro e María Lago representan ás políticas costeiras no congreso As Eleitas en Cabo Verde

Noelia Freijeiro e Maria Lago no Congreso As Eleitas en Cabo Verde
Noelia Freijeiro, segunda pola esquerda, e María Lago, segunda pola dereita no Congreso As Eleitas en Cabo Verde
Noelia Freijeiro e María Lago representan ás políticas costeiras no congreso As Eleitas en Cabo Verde

Alcaldesas e representantes políticas do noso país estiveron esta fin de semana en Cabo Verde, participando no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’. Despois de participar na primeira parte do Congreso celebrado en Palma de Mallorca en novembro, unha nutrida representación das nosas responsables acodiron ao país africano. Entre elas, a teniente de alcalde de Malpica, a popular Noelia Freijeiro, e a alcaldesa de Muros, a nacionalista Maria Lago.

Noelia Freijeiro coas politicas do PP
Noelia Freijeiro con políticas do PP como as alcaldesas de Oímbra, Arteixo e Ponteareas, Ana Villarino, Inés Ramos e Nava Castro

O encontro naceu co obxectivo de promover a igualdade e fortalecer o seu liderado a nivel municipal, participando no panel ‘Mulleres na política local: barreiras, oportunidades e leccións aprendidas en Cabo Verde, Mozambique e Galicia’, que abordou o fomento da participación efectiva das mulleres no poder local. 

Maria Lago no Congreso As Eleitas de Cabo Verde
María Lago no Congreso "As Eleitas" de Cabo Verde

A expedición axudou na creación da Rede de Mulheres Autarcas Caboverdianas, integrada por máis de 200 representantes municipais do arquipélago africano. 

As Eleitas en Cabo Verde

Máis novas

 

Comentarios