Caldeirón reedita "Crebar cristais coa lingua”, outro libro de Paco Souto

Día especial en Malpica o deste sábado 27 de abril. A Taberna de Tano, O Cornecho, acolle a presentación doutra reedición dun libro de Paco Souto. Foi en 2017 cando a Editorial Caldeirón, que fundou Paco Souto co seu homónimo Paco de Tano, decidiron comezar a reeditar a súa obra nunha colección que se chama “A Percebeira”. Xa estivemos en 2022 na presentación de “As árvores do incesto”, e agora a editorial fai o propio con “Crebar cristais coa lingua”, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Malpica.

No emotivo acto estarán a que foi a súa parella, Emma Abella, e os poetas compañeiros Xosé Iglesias, Rosalía Fernández Rial, Diego Cousillas, Serxio Moreira e Abraham Vila.

NOVAS RELACIONADAS

Artigos relacionados