O Cornecho de Tano acolleu a emotiva presentación da reedición doutro libro de Paco Souto
Emotivo acto o que se vivíu esta pasada noite de venres o de abril na Taberna O Cornecho de Tano. A AC Caldeiron do mesmo Paco de Tano organizaba a presentación da nova edición do libro de poesía “As árvores do incesto”, realizado por Paco Souto en 1994, e gañador naquel ano do Premio de Poesía Espiral Maior.
Esta nova edición nace cun formato distinto, editada gracias ao compromiso da editorial malpicá, e á colaboración do Concello, para lembrar a figura daquel percebeiro que nos facía tremer cos seus crús poemas e coa súa lectura nas ondas da Radio Roncudo.
O Cornecho de Tano volveu rexistrar unha acollida, i é que parece que se están consolidando entre o público da comarca esta clase de eventos, recitais, presentacións… nesta Taberna que xa ten un carácter mítico-literario arraigado.
Foi un acto fermoso e emotivo, no que interviñeron Emma Abella, a muller de Paco Souto, ademais dos poetas Xosé Iglesias e Miguel Anxo Mato Fondo.
Emma Abella leu esa carta que lle manda cada 30 de marzo, unha carta preciosa, emotiva, unha carta de amor, da perda dalguén amado, pero tamén relatando a vida cotiá do día a día sen el. De seguido, Xosé, Emma e Miguel Anxo leron bastantes poemas do libro. “Creo que a Paco Souto o ambiente de tertulia lle gustaría moitísimo”, reflexiona un orgullo Mato Fondo que recoñece que “saímos encantados e emocionados”.
Paco Souto
Paco Souto, poeta, dinamizador cultural, exedil, perdeu a vida mentres traballaba como percebeiro, no 2017. Souto desenvolveu un intenso labor cultural e social. Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón, desde a que promoveu o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Tamén, foi o principal responsable da Editorial Caldeirón que publicaba as obras gañadoras no certame.
Novas relacionadas
- 30-03-2020: Malpica rendeuse ante a máxia poética de Paco Souto coa presentación do libro-cd “Lugar de incendios”.
- Maio 2019: Medio centenar de mestres do país lembran a Paco Souto nun Roteiro Literario polos seus espazos vitais.
- Novembro 17: As Letras Eróticas tamén homenaxean a Paco Souto
- Novembro 17: Unha Crónica polo Centro Cívico “Paco Souto”.
- Agosto 17: Unha balea lugrisiana en homenaxe a Paco Souto.
- Xuño 17: O mundo cultural de Bergantiños lembrou a Paco Souto.
- 30-03-2017: Falece Paco Souto mentras mariscaba en Razo.
Artigos relacionados
- Miro Villar (2020): Lugar de incendios, no terceiro cabodano do poeta Paco Souto.
- Miro Villar (2017): Paco Souto. In Memoriam.