Emocionante a nova homenaxe a Paco Souto
Volveron resoar os poemas de Paco Souto por Malpica, gracias ao roteiro literario que a Editoria Caldeirón (creada no seu día polo propio Paco Souto xunto a Paco de Tano) co apoio da Deputación. Un roteiro, guiado polo noso Miro Villar (escritor e amigo do autor homenaxeado), que se repetirá o vindeiro día 30 de setembro polas rúas de Compostela.
Unha trintena de amigos, poetas, personalidades (non se perdeu a cita a deputada Soledad Agra), percorreron varios lugares simbólicos para o percebeiro malpicán, facendo parada na Casa do Pescador e na Praza Anselmo Villar onde, ao ritmo do teclado de Serxio Moreira, como adoitaba facer Paco, recitaron poemas do libro Lugar de Incendios (publicado despois da súa mote, poetas como Diego Cousillas, Rosalía Fernández Rial ou Xosé Iglesias.
RELACIONADOS
-
O Cornecho de Tano acolleu a emotiva presentación da reedición doutro libro de Paco Souto
-
Malpica homenaxea a Paco Souto coa reedición póstuma do seu “Ama non ten laranxas”
-
Lugar de incendios, no terceiro cabodano do poeta Paco Souto
-
O mundo artístico recorda a Paco Souto nunha homenaxe que terá lugar no teatro Colón