Malpica rendeuse ante a máxia poética de Paco Souto coa presentación do libro-cd “Lugar de incendios”
13:27 03/03/20
O pasado venres tivo lugar un evento moi especial no Cornecho de Tano, en Malpica. A presentación do libro-CD de Paco Souto e Serxio Moreira “Lugar de incendios” xuntou a boa parte do elenco cultural da comarca de Bergantiños.
En evento cheo de emocións, lembrando o pasamento, hai tres anos no mar, deste mítico poeta-percebeiro malpicán. A súa xente cercana, Emma Abella, Eduardo Estévez, María José Fernández, Rosalía Fernández, Xosé Iglesias e Paco de Tano, debullaron, en verso, o libro-cd, que conta cos debuxos do propio protagonista, e a música do pianista bergantiñán.