O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición de Isabel Soutullo "Pegadas no Tempo"
09:32 06/10/23
Este sábado 7 de outubro, o espazo expositivo do Centro Cívico de Malpica abrirá as súas portas á exposición “Pegadas non Tempo” da coristanquesa Isabel Soutullo.
Noelia Freijeiro segue demostrando un compromiso continuo para dinamizar a cultura impulsando eventos culturais como o que inaugurará o vindeiro sábado 7 de outubro ás 20.00 horas.
A exposición poderase visitar desde o 7 de outubro ata o 5 de novembro de 08.30 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.