Venres. 03.05.2024
El tiempo

Detido un malpicán tras deixarse o seu propio móbil nun dos 12 coches que roubou


garda-civil-recurso
Detido un malpicán tras deixarse o seu propio móbil nun dos 12 coches que roubou

Despois dunha serie de roubos acontecidos o pasado mes de xaneiro na zona do Seixo Branco, en Mera, que provocara unha grande alarma social, o Posto Principal da Garda Civil de Oleiros iniciaba unha investigación. Foron unha ducia de roubos no interior de vehículos en Dorneda, e outros 3 en Caión, así como un par serie de roubos con forza nunha farmacia de Dorneda e nunha cafetería de Mera.

Nun dos roubos, o suposto autor deixou o seu propio móbil no interior dun dos vehículos forzados, denunciando uns días despois que fora subtraído do seu propio vehículo tras romper unha fiestra, puidendo comprobar a forza actuante que se trataba dunha denuncia falsa, pola que tamén se lle imputa un delito de simulación de delito.

Así se procedía a detención dun malpicán, xa con numerosos antecedentes, no marco da operación Vilaneo.

Comentarios