Unha exposición de fotos amosa en Mapica o traballo artesán das redeiras
09:01 18/11/19
Este pasado venres o Centro Cívico de Malpica acolleu a inauguración da exposición fotográfica 'Redeiras, unha profesión con historia’. Impulsada pola Federación Galega de Redeiras Artesanas 'O Peirao’, que ten a sede en Malpica, a mostra permítenos descubrir o grandísimo traballo que realizan estas artesanas do mar.
Á cita, presentada pola presidenta da Federación de Redeiras, Verónica Veres, acudiron o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a concelleira de Igualdade, Leticia Varela.
A Mostra estará aberta aproximadamente un mes.