Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Héctor Pose presenta na casa a súa nova novela

Hector Pose
Hector Pose
Héctor Pose presenta na casa a súa nova novela

Fran regresa de adulto á vila de onde o desterraron de cativo. Vén a se desfacer da casa patrucial, chea de tristes recordos. Este é o punto de partida de A urna das cartas, a nova novela de Héctor Pose Porto, que este sábado, ás 18h, estará na Casa do Pescador de Malpica para falar desta obra editada por Hércules de Edicións en galego e castelán.

Nesta viaxe ao pasado, apareceran personaxes como Don Tino, un carteiro e mestre represaliado polo franquismo, e o presente debúxase nunha colaxe de reencontros, cartas e amor. A urna das cartas é a segunda novela que Pose Porto publica con Hércules, tras Muxos, obra merecedora do I Premio Asubío de Novela, convocado pola editorial e a Fundación María José Jove.

Portada A URNA DAS CARTAS

O autor malpicán estará acompañado polo alcalde da localidade, Eduardo J. Parga; a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro; o presidente de Hércules, Francisco Rodríguez
Iglesias; así como por Cristina Corzón, una rapaza da localidade afeccionada a lectura.

Sobre o autor

Héctor Pose (Malpica, 1964), é profesor universitario e escritor. A súa biografía literaria sobre un recoñecido ex futbolista, Donato (Damajuana edicións, 2016), o diario poético Doce lúas (Axóuxere, 2015), as novelas Mar de invernía (Phottic, 2016), Arponeira Café (Nazarí, 2018) e Escribirme (Dopeirao, 2019), o libro obxecto co artista plástico Héctor Francesch Lascas (Estrapelo, 2020) e a novela Muxos (Hércules de Edicións, 2022, accésit do Premio de Novela Asubío 2021), conforman unha atraente traxectoria creativa.

Comentarios