Malpica presume de alumeado eficiente
07:06 02/02/16
Diego Calvo e Eduardo Parga visitaron as obras de renovación do alumeado
Malpica mellorou recentemente a iluminación do paseo marítimo cun alumeado máis moderno e eficiente. Este proxecto, cun orzamento de 72.600 euros, realizouse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Este foi o motivo polo cal estes días odelegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, visitou as obras realizadas e asinou, xunto co alcalde Eduardo Parga Veiga, as actas de recepción das obras.
Xuntos, coñeceron as novas luminarias do paseo marítimo, que ofrecen un alumeado público máis moderno, eficiente e respectuoso co medio ambiente. Así, con cargo ao plan impulsado desde a Xunta de Galicia, substituíronse as antigas luminarias de vapor de sodio por haloxenuros metálicos, que se caracterizan por emitir unha cor moi próxima ao branco, pola súa elevada eficiencia luminosa, un rendemento cromático óptimo e unha duración media moi elevada. Por todas esas funcións son utilizadas, sobre todo, para a iluminación de campos de deporte, prazas e grandes espazos.
Novas relacionadas
- Varias parroquias de Carballo estrean alumeado máis eficiente
- Carballo aforra un 80% no alumeado público
- As obras do porto de Malpica rematarán a finais de xaneiro
- Redacción QPC ([email protected])
- Delegación Territorial da Xunta