Martes. 07.05.2024
El tiempo

Malpica tera unha rotonda na entrada ao cole

Rotonda no Ventorrillo Malpica
Cruzamento do Ventorrillo onde irá a rotonda
Malpica tera unha rotonda na entrada ao cole

O cruzamento de entrada ao CEIP Ventorrilo, ao Centro Cívico e á Rúa de Canido, contará cunha rotonda. Así o vén de anunciar a Xunta trala reunión mantida emtre a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o alcalde de Malpica, Eduardo José Parga e o Concelleiro de Obras Miguel Fernández.

Eduardo Parga coa Conselleira

A Xunta xa adxudicou a redacción do proxecto para a execución dunha glorieta no quilómetro 15+470 da estrada AC-418,  á consultora Deseños Estruturais e Viarios S.L. por un importe de máis de 18.000€.

Concretou que se prevé ter redactado o proxecto en outono para seguir avanzando no impulso desta rotonda de 28 metros de diámetro que contribuirá ao calmado de tráfico, xa que suporá un elemento redutor da velocidade nese punto.
 

Comentarios