Luns. 27.01.2020
El tiempo

O Mercado Municipal de Malpica acollerá esta fin de semana o Mercadiño de Nadal

O Mercado Municipal de Malpica acollerá esta fin de semana o Mercadiño de Nadal

O Mercadiño de Nadal do Concello de Malpica acollerá esta fin de semana, durante o sábado 21 de decembro e o domingo 22 de decembro, o Mercadiño de Nadal, onde se reunirán artesáns e artesás tanto da Costa da Morte como de toda Galicia.

Así, os visitantes que se acheguen poderán observar desde bonecas feitas de ganchillo ata xabóns corporais feitos con materiais reciclados, pasando polo coiro, a olería de Buño e as redeiras, especialmente as de Malpica. Tamén haberá actuacións musicais.

Contarase coa presencia de Pablo Díaz e Tecla Negra, así como da Trasqui Band, que amenizarán as xornadas coa música. Para os máis larpeiros haberá postos de filloas da pedra ou churros con chocolate.

Desde as concellerías de Cultura e Turismo apuntan que “agardamos que moitas veciñas e veciños se acheguen, asi como xente de toda a contorna, porque haberá un amalgama cultural digno de ver”, comentan.

Comentarios