Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O mar das Sisargas en vídeo

O mar das Sisargas en vídeo

Xa coñecemos o proxecto de dinamización turística Malpica, o mar de Sisargas. E unha das actividades para promocionar o Concello, son os vídeos a través da rede. Hoxe traemos 3 vídeos que vén de facer público o proxecto. O mar, o protagonista.

Malpica, o mar que namora

Malpica é terra e auga salgada. O monte da Atalaia, a praia de Area Maior e o porto son a esencia do lugar que hoxe, e dende hai máis de oito séculos, é Malpica.

Malpica, filla das ondas

A bravura do Atlántico nesta costa abrupta, pero tamén a frescura das ondas que chegan ás praias de Malpica son unha fonte de riqueza aproveitada de forma sostible para a pesca artesanal, unha saborosa gastronomía, o ocio e os deportes naúticos. Todos eles, auténticos embaixadores malpicáns.

Malpica, un mar para ó ocio

O mar de Malpica, recio e ferinte, fonte de riqueza para a pesca e o marisqueo, converteuse nun escenario de referencia para o ocio náutico.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Video Mar de sisargas

Comentarios