Luns. 29.04.2024
El tiempo

O primeiro Roteiro Natural do Concello de Malpica cumpre 25 anos

O primeiro Roteiro Natural do Concello de Malpica cumpre 25 anos
Os 7 roteiros no Concello de Malpica de Adrián Bartolomé e Ricardo Rojo cumpren 25 anos

Hai máis paseos abertos, como o Camiño dos Faros, pero non son oficiais como estes 7 roteiros que aló polo 1988 describiron Adrián Bartolomé e Ricardo Rojo. Para estes días aconsellan os 2, 4 e 7, así que apunten e proben.
Xa se pediu un sendeiro adaptado na Selaguía de Malpica ata o cabo San Adrián, pero parece que as administracións non responden.

Ou así o entenden algúns veciños, que piden máis sendeiros e menos construcións no litoral malpicán. Piden de feito a creación dun Parque Litoral que protexa e difunda este tesouro.

Uns roteiros, que ademais de cumprir 25 anos, veñen de actualidade, i é que "o anaquiño de Costa que aparece na foto da portada é o lugar que os últimos alcaldes de Malpica intentan "violar" para facer a ilóxica, innecesaria e faraónica saída sur do Porto de Malpica", segundo denuncia Adrián Abella dende a súa Selaguía, que valora que a EDAR non se situase finalmente na furna da Taga.

Boten un ollo ao librito de rutas, pois só coa toponimia xa merece a pena: monte da Plancha, Furna da Taga ("Tágara" en mapas centenarios), Punta do Muxeiro, Castelo (ou "Barca de Magé", coa súa praíña en mareas baixas e longas), o Peterón (límite parroquial entre Malpica e Cerqueda), a Enseadiña da Xareira (co seu muíño "asilveirado"), a Redonda (illote dador de bos percebes), a Punta de Lapachán... vaia tesouros en forma de nomes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios