Olga Rodríguez presentará o seu libro "As crebas da memoria" na Casa do Pescador
10:10 19/09/23
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica segue apostando por fomentar a cultura durante todo o ano con diversas presentacións de libros e encontros literarios en diferentes espazos da vila.
Nesta ocasión, Olga Rodríguez presentará a súa obra “AS CREBAS DA MEMORIA”, o vindeiro venres 22 de setembro ás 19.00 horas, na Casa do Pescador de Malpica, en colaboración coa Confraría