Venres. 19.04.2024
El tiempo

A procesión marítima das Festas do Carme enche de emoción as vilas mariñeiras

A procesión marítima das Festas do Carme enche de emoción as vilas mariñeiras
Festa do Carme de Corcubion 2017-Foto-Rafa Quintans Procesión marítima da Festa do Carme de Corcubión-Foto-Rafa Quintans Como cada ano, non falta ninguén ás Festas do Carme. Son, con seguridade, as Festas máis simbólicas de cantas tempos pola Costa da Morte. Unha festa que é un sentimento moi fondo de todas as familias que dependen do mar, e que teñen nesas emotivas procesións marítimas do Carme, un dos grandes tesouros etnográficos da bisbarra. Vilas como Corcubión, Camariñas, Muros ou Corme disfrutan cada ano desta celebración. Primeiro toca sacar á Virxe da Igrexa, e facer a procesión pola vila, ata o peirao. Nalgún caso acompañada da danza de Arcos, como en Camariñas. Dende o peirao toca alzala ao barco de turno, e a emoción xa comeza encher cada barco. Todo o pobo, engalado coas súas mellores galas soben nos barcos pesqueiros, que por un día cambian os aparellos e os peixes, polos guap@s veciñ@s. Algún non se atreve a subir, porque xa se mareou algún que outro ano e prefire quedar en terra firme. Outros disfrutan co paseo ata o medio da ría, para facer a entrega da ofrenda floral. Este ano a cita en Corcubión estivo marcada polo caso Ferroatlántica e foron varias as embarcacións que luciron a bandeira de "As nosas rías non se venden", en apoio á loita dos traballadores contra o peche das fábricas. Volta a terra, volta á Igrexa, e adiante a sesión vermú, que non só de devoción vive o home. Procesion Maritima do Carme de Corcubion cos traballadores de Ferroatlantica-Foto-David Trillo A Procesion Maritima do Carme de Corcubion cos traballadores de Ferroatlantica-Foto-David Trillo Procesión marítima da Festa do Carme de Corcubión-Foto-Rafa Quintans O patrón Miguel foi o encargado de levar este ano á Virxe a bordo do Santa Ana en Corcubión-Foto-Rafa Quintans Aquí vos deixamos cun fermoso vídeo de Paco González. [fbvideo link="https://www.facebook.com/paco.gonzalez.520125/videos/10212262956560567/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios